| tipo |
canción |
calidad |
promedio |
 | letra y acordes para guitarra (chords) |  |
Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste de noite, triste e escuro de día... ¡camiño longo da miña vida ! Vereda, vereda torta en duras laxes aberta, arrodeada de toxos, crebada polas lameiras... ¡vereda torta, ti onde acabas! Vereda, vereda fonda de fontes tristes, sen auga; sen carballos que dean sombra, nin chouzas que dean pousada.. ¡vereda fonda, ti cando acabas! Camiño, camiño longo. A choiva, a neve e as silvas enchéronme de friaxe, cubríronme de feridas... Camiño longo, da miña vida, ¡camiño longo da miña vida ! ¡camiño loooongo!...